Texto:
"Mentres buscabamos o portal para voltar ao noso mundo, fixémonos amigos do monstro Joouns. Démonos conta de que en cuestión de días envellecía moi rápido e explicounos que ese mundo era escuro e lúgubre porque caeu sobre el a maldición de vivir sempre no Samaín,(cada día noso era un ano deles).
Eses días foron aterradores, todo estaba cheo de cemiterios con tumbas, pantasmas por todos os lados... nunca saía o sol e non había vexetación.
Ao cabo dos días Joouns deu co sitio que nos quería ensinar.A que non sabades que era? Dende alí víase o noso mundo, o mundo dos vivos cheo de vida e de cor.
De súpeto...".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.